CAPÍTULO 41: A FERIDA ABERTA EN LUGO

From A ferida aberta no 36 · 02:14:14

Show by A ferida aberta no 36

O Goberno está ultimando os trámites para declarar oficialemte o vello carcere de Lugo como lugar de memoria. Un espazo de represión polo que pasaron máis de 5 mil priosieiros entre 1936 e 1940 e no que polo menos 41 non conseguiron sobrevivir. Segundo a historiadora Maria Jesús Souto Blanco, polo menos 600 persoas foron asasinadas na provincia nos primeiros anos do golpe. Entre elas o gobernador civil, Ramón García Núñez, o concelleiro Ángel Perez López., o médico Rafael de Vega Barrera ou Consuelo Alonso González, 'a comunista', a única muller executada na provincia tras ser sometida a un consello de guerra. Falaremos de todos eles neste episodio, conversaremos cos netos de Ángel Perez López e Rafael de Vega Barrera e coñeceremos tamen os vitimarios, implcables coas vítimas da barbarie, segundo o inveestigador da ARMH, Miguel Freire. Pero ademais analizamos a represión sufrida polos creadores e creadoras de Lugo tras o golpe do 36 coa axuda do poeta e investigador Claudio Rodríguez Fer, militante da memoria desde hai décadas e fillo e neto de represaliados. Pero ademais, neste capítulo quería compartir con vós uns documentos sonoros que levo gardando desde hai 25 anos. O bosquexo que do poeta e pintor lugues Ángel Johan realizan os seus familiares e amigos, como a súa viúva Ángel González Doreste e Manuel María e Xesus Alonso Montero, amigos do poeta. Material que recollin hai 25 anos co gallo do centenario do nacemento do artista e que, aínda que está un pouco estragado polo paso do tempo, saco por primeira vez á luz. Grazas a todos os que me axudastes a confeccionar este capítulo e en especial a Carmen García Rodeja, da ARMH, que aínda que non sae, dalgun modo está presente tamén neste episodio.

More episodes of A ferida aberta no 36

More episodes

podsearch is a free, independent podcast search engine. Read about podsearch, the privacy policy or contact us.