AROUSA NOTICIAS 27 07 26
From Podcast AROUSA SI RADIO · 19:40
Show by Pury González
A Policía Nacional investiga as causas da morte dunha muller cuxo corpo sen vida apareceu esta madrugada no río Lérez, en Pontevedra. Un veciño de Vilaxoán de 78 anos falece na praia do Preguntoiro cando se encontraba nadando. Ravella impulsa a reforma urbana iniciada nos Duráns con dúas importantes actuacións: a licitación da segunda fase da accesibilidade de Aquilino Iglesia e a modificación de crédito para o segundo aparcamento disuasorio Cambados ultima os preparativos para a Festa do Albariño que comezará mañá e se prolongará ata o domingo con reforzos na limpeza, seguridade e atención sanitaria. Sanxenxo ampliará o vial de entronque entre a Avenida Luis Rocafort e a Rúa Vigo grazas á compra dunha vivenda que bloqueaba físicamente o trazado. A Illa estuda a posibilidade dun novo concurso para sacar a licitación por terceira vez o servizo de tren turístico tras volver quedar deserto o segundo intento. O Curtas Festival do Imaxinario lanza o Curtas Imaxina, a I Xornada de Encontros Profesionais e Mercado de Proxectos de Cine Fantástico de Galicia. A Festa da Ameixa de Carril prescinde de pregoeiro e presentador ante a dificil situación económica do sector.
More episodes of Podcast AROUSA SI RADIO
More episodes
- Traballadoras cuca comezan quendas garda
- CESION CENTRO COMARCAL SALNES XUNTA-CONCELLO CAMBADOS
- CESION CENTRO COMARCAL SALNES XUNTA-CONCELLO CAMBADOS
- ENTREVISTA FATIMA ABAL PSOE CAMBADOS
- AFECTADOS PREFERENTES TOMAN DEPUTACION E SE ENTREVISTAN CON LOUZAN
- ENTREVISTA ROSA ABUIN CASO ALFAGEME
- GONZALO LUNA PRESENTA O SEU DISCO EN AROUSA SI RADIO RADIO SALNES
- CONVERSA CON MANUEL LOURO, O VECIÑO QUE RESCATOU A OUTRO EN CARRACEDO-CALDAS
- O NARCOTRAFICO A DEBATE NO FORO ORGANIZADO POLA FGCN
- O ALCALDE DE VIGO, ABEL CABALLERO, A PUNTO DE ARDER NO ENTROIDO DE VILANOVA
PodSearch is a free, independent podcast search engine. Read about PodSearch, the privacy policy or contact us.