Podcast AROUSA SI RADIO
By Pury González
Categories: News
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
3734 episodes indexed on PodSearch.
Recent episodes
- O Plan Integrado de Emprego inicia a súa XV edición con cen prazas para formarse en trinta especialidades
A Mancomunidade do Salnés inicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego. Xa é a XV edición dunha iniciativa financiada a través da Conselleria de Emprego da Xunta de Galicia que ao longo dos anos estase confirmando como un importante modo de inserción laboral, situada en máis do 80%. O…
- AROUSA NOTICIAS 27 07 26
A Policía Nacional investiga as causas da morte dunha muller cuxo corpo sen vida apareceu esta madrugada no río Lérez, en Pontevedra. Un veciño de Vilaxoán de 78 anos falece na praia do Preguntoiro cando se encontraba nadando. Ravella impulsa a reforma urbana iniciada nos Duráns con dúas…
- AROUSA NOTICIAS 23 07 26
Dez menores de entre 14 e 16 anos, algúns deles veciños de Cambados,investigados como presuntos autores de varios actos vandálicos rexistrados nas instalacións do Obradoiro de Emprego de Cambados. O concelleiro de Cambados Pode, José Ramón Abal, rompe o silencio dende o seu cese como membro do…
- AROUSA NOTICIAS 22 07 26
As obras de saneamento que está a executar Augas de Galicia para reducir os verquidos ao río do Con entran na fase final e estarán rematadas na súa totalidade entre setembro e outubro. O Grove lanza unha mensaxe de preocupación pola prestació sanitaria no municipio na época estival con cinco…
- AROUSA NOTICIAS 21 07 26
O persoal da empresa Valoriza, adxudicataria do servicio comarcal da recollida de resíduos en Cambados, Meis e Vilanova, traslada hoxe as súas mobilizacións a Cambados e a sede da Mancomunidade do Salnés. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribadumia, David Castro, califica de “totalmente…
- AROUSA NOTICIAS 20 07 26
Novo ataque incendiario contra unha propiedade do alcalde Gonzalo Durán, desta volta sobre a casa da súa nai, falecida o pasado ano. O persoal da empresa da recollida do lixo en Cambados, Meis e Vilanova continúa coas mobilizacións cunha concentración en Ribadumia tras non aceptar a última…
- AROUSA NOTICIAS 16 07 26
A praza Rafael Pazos luce dende esta mañá o novo antigo escudo constitucional do desaparecido Concello de Vilaxoán que sustitúe ao anterior blasón de teselas. Vilaxoán Canta celebrará este vindeiro luns 20 de xullo unha nova edición como broche das Festas do Carme da localidade vilagarciá…
- AROUSA NOTICIAS 15 07 26
O Conselleiro de Sanidade afirma que a decisión de trasladar a unidade medicalizada a Sanxenxo durante o verán está adoptada en base a criterios científicos e técnicos e asegura que a asistencia está totalmente garantida co resto dos recursos existentes. Alberto Varela non da a batalla por perdida…
- AROUSA NOTICIAS 14 07 26
Concello de Vilagarcía e Zona Aberta chaman á participación na mobilización deste xoves para reclamar unha ambulancia medicalizada con base en Vilagarcía todo o ano. A mobilización recibe o apoio do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que impulsará unha iniciativa no Parlamento…
- AROUSA NOTICIAS 13 07 26
O último golpe contra o narcotráfico, no que faleceu un veciño de Cambados durante o rexistro do seu domicilio en Corvillón, vincula ao clan dos Charlíns co denominado "Clan dos Balcáns". O persoal da empresa Valoriza, adxudicataria da recollida de lixo para a Mancomunidade do Salnés, inicia en…
- AROUSA NOTICIAS 09 07 26
A Xunta de Galicia activa a prealerta por escaseza moderada de auga na captación do río Lérez, que afecta directamente ao abastecemento de Sanxenxo e que se estende tamén a Meis e Meaño. A unidade de Cabalería do Corpo Nacional de Policía xa patrulla polos camiños e montes da provincia de…
- AROUSA NOTICIAS 07 07 26
Evoluciona favorablemente o pequeno de cinco anos ferido tras quedar atrapado semiinconsciente nunha valla da escola infantil de Carril, situada no patio de xogo. O suceso súmase a outros dous casos con paradas cardiorespiratorias con fatal desenlace e esperta novas críticas sobre o traslado da…
- AROUSA NOTICIAS 06 07 26
O chiringuito da praia da Lapa, en Sanxenxo, queda totalmente calcinado tras un incendio declarado de madrugada. Unha embarcación vaise a pique no porto de Ribeira debido ao seu estado deteriorado e provoca un verquido de aceite e combustible. Comezan os traballos de acondicionamento da…
- AROUSA NOTICIAS 03 07 26
Toda a comarca do Salnés, ademáis do Ulla-Umia e Pontevedra, están hoxe en alerta bermella por episodio de calor, con máximas que poden chegar ata os 37 graos. No que atinxe a Barbanza mantense en alerta laranxa. A Consellería do Medio Rural da por extinguido o incendio forestal que se orixinou a…
- AROUSA NOTICIAS 02 07 26
Entraremos na fin de semana con termómetros á alza, agardándose máximas de 35 graos o domingo e risco extremo de incendios forestais en toda Arousa e gran parte da provincia. O incendio forestal declarado a últimas horas da pasada tarde en Tragove, en Cambados, arrasou finalmente 8.400 metros…
- AROUSA NOTICIAS 01 07 26
O Salnés e gran parte da provincia entran dende hoxe en risco extremo de incendios forestais, segundo os parámetros que establece a Xunta de Galicia en relación a temperatura, a seca, a humidade do aire ou a forza do vento. O comité provincial de coordinación policial contra os incendios forestais…
- AROUSA NOTICIAS 30 06 26
O Salnés consolida unha ampla rede de alianzas co mercado turístico chinés durante a viaxe institucional realizada pola delegación comarcal á provincia china de Zhejiang. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas califica oficialmente a añada 2025 como "moi boa" nunha colleita que…
- AROUSA NOTICIAS 29 06 29
Sigue o seu curso, trala reconstrucción dos feitos, a investigación do atropelo mortal rexistrado o pasado mes de abril na zona do Vao, en Pontevedra, no que morreu un home de 48 anos. A plantilla da oficina de Correos en Vilagarcía inicia mobilizacións, convocadas por CCOO, para denunciar a falta…
- AROUSA NOTICIAS 22 06 26
Nada máis entrar o verán, xa chega o San Xoan que, ademáis este ano é festivo autonómico o mércores. Concellos e colectivos ultiman os preparativos para a celebración da noite máis longa do ano con chamamentos á prevención e amplos dispositivos de vixiancia. En Vilagarcía prenderanse 345 fogueiras…
- AROUSA NOTICIAS 19 06 26
Os dous irmáns Charlíns detidos na última operación antidroga no Salnés quedan en liberdade provisional acusados de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal. Outros cinco arrestados xa están no cárcere da Lama. O persoal docente da Escola de Música e Conservatorio de Cambados denuncia…
- AROUSA NOTICIAS 18 06 26
Pasan a disposición xudicial nos xulgados de Vilagarcía as doce persoas detidas na operación contra o narcotráfico desplegada esta semana en varias localidades do Salnés na que se incautou un alixo de 50 kilos de cocaína. A Garda Civil dá os primeiros pasos para clarexar as circunstancias do…
- AROUSA NOTICIAS 17 06 26
As doce persoas detidas no operativo contra o narcotráfico desplegado este martes en diversas localidades do Salnés, que rematou de forma tráxica co falecemento dun veciño de Cambados, pasarán a disposición xudicial, previsiblemente, ao longo da xornada de mañá. As rúas de Vilagarcía convértense…
- AROUSA NOTICIAS 16 06 26
Falece un veciño de Cambados, de 31 anos, a causa dun disparo recibido no rexistro da súa vivenda en Corvillón durante un operativo contra o narcotráfico desplegado pola Policía Nacional. Segundo a familia do falecido e o seu avogado, o mozo non estaba vinculado co narcotráfico, non tiña…
- AROUSA NOTICIAS 11 06 26
Continúa o operativo de busca do veciño do Grove cuxas pertenzas foron atopadas hai dous días nunha rocha da praia de Lavandeira. De momento ninguén denunciou a súa desaparición nin se puido contactar con familiares ou amizades. Xa hai indicios da autoría das pintadas realizadas esta semana na…
- AROUSA NOTICIAS 10 06 26
A aparición de diversas pertenzas masculinas sobre unhas rochas da praia da Lavaxeira no Grove a pasada tarde mantén aberto un dispositivo de busca para dar co paradoiro do seu dono. As Plataformas Ulloa Viva, En Defensa da Ría de Arousa e Mina de Touro-O Pino Non fan un novo chamamento á…
PodSearch is a free, independent podcast search engine. Read about PodSearch, the privacy policy or contact us.